Pictograma salud
Pictograma autonomía personal
Pictograma gestiones
Pictograma formación

 

FUNGA
FUNGA
Fundación Galega para a Tutela de Adultos, é unha entidade pública para a atención social e xurídica de persoas con capacidade de obrar modificada xudicialmente, e a quenes os xuices atribúen á Xunta de Galicia a súa protección mediante as figuras de tutela, curatela, defensa xudicial ou administración de bens
CERMI
CERMI
Comité Español de representantes de persoas con discapacidade: plataforma de representación, defensa e acción das persoas con discapacidade
CEMUDI
CEMUDIS
Confederación estatal de mulleres con discapacidade. Asociación que xorde co obxectivo de visibilizar, reivindicar e actuar en defensa dos dereitos de mulleres e nenas con discapacidade, denunciando as discriminacións do colectivo.
IMSERSO
IMSERSO
Páxina oficial do IMSERSO (Instituto de Maiores e Servizos Sociais). Dispón de información sobre: centros, autonomía e dependencia persoal, centros de recuperación de persoas con discapacidade física (CRMF), documentación de interese sobre a discapacidade, leis...
Ética
Recursos e alternativas éticas
Páxina web que nos ofrece alternativas éticas e viables ás principais aplicacións e servizos. A lista de opcións inclúe software, teconoloxía, sitios werb, redes sociais, mensaxería, organizacións... que dan prioridade á privacidade, aos dereitos dos usuarios e á sostenibilidade.

¡¡BÓTALLE UN OLLO XA QUE É UNHA PÁXINA MOI INTERESANTE!!

Seguros ONCE
Xestión de seguros
Correduría de seguros pertencente ao grupo social ONCE. Conta cun apartado de seguros para persoas con discapacidade e toda a información que queiras saber sobre eles. Estes seguros van dende seguros para cadeira de rodas ata seguros para fogar e vivenda
ITV
Inspección Técnica de Vehículos (ITV)
Nesta páxina é onde pides cita para a inspección técnica do teu vehículo (ITV) dentro de todo Galicia. Tamén dispón de estacións móbiles ás que se desprazan para maior comodidade das persoas. Podes ver onde están localizadas dentro da páxina. Atoparás información sobre a ITV e sobre as recomendacións para poder pasala.
Rexistro civil
Rexistro civil
Nesta páxina web podemos solicitar o certificado de nacemento, de matrimonio, de defunción, de vida laboral, de empadroamento, ou solicitude de tarxeta sanitaria europea. Dentro de cada comunidade autónoma, cada provincia conta co seu rexistro civil.
No caso da provincia de Lugo, a páxina web sería a seguinte: https://www.registrosciviles.org/registro-civil-de-lugo.htm
DNI
Cita previa DNI
Nesta páxina podemos pedir cita para renovar DNI ou Pasaporte
Carné de conducir
Carné de conducir
Nesta páxina podemos pedir cita para renovar o carné de conducir. Contén información sobre o custe da renovación, como podemos pagar, os medios dos que se dispón para facer a renovación…etc
Concello de Lugo
Servizos no concello de Lugo
Aceso á carta de servizos do concello de Lugo, onde podes facer tanto trámites presenciais coma online, a través da súa sede electrónica, como por exemplo o pago de recibos
Administración de xustiza
Administración de xustiza
A páxina da administración de xustiza ofrécenos información institucional, os servizos cos que conta, os profesionais que traballan nela e como podemos realizar diversos trámites e consultas, como pode ser o envío telemático de notificacións administrativas
Axencia tributaria
Axencia tributaria
A axencia tributaria é a encargada da xestión, inspección e recadación dos impostos do Estado (IVA, IRPF, Imposto de sociedades, Imposto sobre a renda de NON residentes e Impostos especiais), e tamén é a encargada de recadar os impostos relacionados coa Unión Europea. Na súa páxina podemos facer diversos trámites, como pode ser a declaración da renda, a dedución de familias numerosas e persoas con discapacidade, as prestacións por maternidade e paternidade…. E dispón dunha oficina virtual
DGT
DGT
Dirección xeral de tráfico, onde atopamos información sobre o estado das estradas, información administrativa, consellos sobre seguridade vial…
Policía Nacional
Policía Nacional
Páxina oficial da Policía Nacional. Conta cunha “comisaría virtual”, onde se accede a: DNIe, Pasaporte, documentos estranxeiros, citas previas, sede electrónica... Tamén contén un espazo no que se fala sobre consellos aos cidadáns, plans de seguridade, terrorismo, colaboración cidadá...
Catastro
Catastro
O catastro é onde están rexistrados os inmobles dunha poboación. A dirección xeral do catastro é o órgano directivo que ten a función de formación e mantemento do catastro inmobiliario así como a difusión da información catastral. Se precisas un documento pra identificar a túa casa, aquí podes atopalo.
Seguridade Social
Prestacións da seguridade social
Páxina oficial da seguridade social, onde se ofrece información sobre prestacións, afiliación, rexímen de traballo, pensións...
Discapacidade
Solicitude discapacidade
Enlace á solicitude para o recoñecemento do grao de discapacidade e o dereito ás prestacións do sistema
Discapacidade
Solicitude dependencia
Enlace á solicitude para o recoñecemento da situación de dependencia e o dereito ás prestacións do sistema
Chave 365
Chave 365
Portal web no que se explica o que é Chave365, para que serve e como se usa. É unha ferramenta que permite a cidadáns maiores de idade identificarse e firmar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia. Da aceso a aplicacións como por exemplo é-saúde, unha ferramenta da do Sergas que nos permite acceder a contidos de saúde personalizados, consulta de expedientes e historial médico así como citas de atención primaria: https://esaude.sergas.es/EPACI_epaciente/#/home
Pictograma ocio
Pictograma afectividad
Pictograma información y asesoramiento

Logo CogamiLogo Cogami-Lugo