Pictograma salud
Pictograma autonomía personal
Pictograma gestiones
Pictograma formación
Pictograma participación social
Pictograma ocio
Pictograma afectividad
Pictograma información y asesoramiento

 

Facebook
Facebook
Rede social creada para manter en contacto a persoas e que estas poidan compartir información, noticias e contidos audiovisuais cos seus contactos. A súa función principal é conectar usuarios, poñer en contacto a persoas para que compartan información sobre elas mesmas, os seus gustos, as súas experiencias, o seu día a día…
Youtube
YouTube
Principal rede social na que se poden ver e compartir todo tipo de vídeos. Podes disfrutar dos videos e da música que máis che gusta , subir contido orixinal e compartilo con todo o mundo.
WhatsApp
WhatsApp
Aplicación usada sobre todo a través do teléfono móbil, que permite enviar e recibir mensaxes de forma instantánea e gratuíta (só ao instalala pagas algo menos de 1€). Tamén permite compartir audios, vídeos e fotos. Hoxe en día é unha das aplicacións máis coñecidas e utilizadas para o intercambio de mensaxes, substituíndo xa case por completo aos SMS
Telegram
Telegram
Aplicación enfocada ao envío de mensaxería instantánea, imaxes, documentos e comunicación en masa. Conta cunha gran diferenza respecto a WhatsApp, e é que non está ligada a ningunha grande compañía, e á hora de comunicarnos é moito máis segura. Pode usarse tanto no móbil coma no ordenador.
Twitter
Twitter
Plataforma social coa que podes compartir información de diverso tipo, de forma rápida, sinxela e gratuíta, a través de mensaxes cortos chamados tweets. É moi rápido de ler e de escribir
Instagram
Instagram
Rede social que permite aos usuarios subir imaxes e vídeos con múltiples efectos como filtros, marcos e cores para compartir cos teus seguidores. Hoxe en día, é unha das redes sociais que máis medra
Logo voluntariado galego
Pinterest
Plataforma que permite aos usuarios crear e administrar coleccións de imaxes como eventos, intereses, afeccións...
Tik Tok
TikTok
Rede social onde os usuarios comparten videos de máximo un minuto con filtros de son. A súa principal característica é o performance cos audios, xa que o contido pretende ser entretido, gracioso ou emotivo
LinkedIn
LinkedIn
Linkedin é unha rede social orientada ao uso empresarial, aos negocios e ao emprego. Cada usuario no seu perfil, e de forma libre, informa sobre a súa experiencia laboral e destrezas. A web pon así en contacto a millóns de empresas e empregados
Skype
Skype
Rede social que che permite comunicarte a través de chamadas e vídeochamadas con persoas tanto do teu entorno persoal coma laboral. É unha ferramenta moi usada tamén por empresas para facer vídeo conferencias, mandar mensaxes instantáneos e compartir documentación

Logo CogamiLogo Cogami-Lugo