Pictograma salud
Pictograma autonomía personal
APLICACIÓNS PARA
O MÓBIL
Pictograma gestiones
Pictograma formación

 

 

SERGAS móvil
SERGAS móvil
Ten como obxectivo acercar a toda a cidadanía o catálogo de aplicacións e servizos do Sergas, de maneira transversal, inclusiva e eficaz. A través dela, poderás pedir cita ao teu médico de cabeceira, ver os teus certificados de vacinación e estar ao tanto das últimas novidades da Consellería de Sanidade​
Aplicación accesibilidade
Aplicación COCEMFE
App que nos permite enviar e comunicar incidencias sobre os elementos de accesibilidade da nosa cidade (entorno, transporte, edificios...), ás entidades responsables da súa xestión e mantemento. A só un clic da man!
Aparcamentos accesibles
Aparcamentos accesibles
Aplicación que axuda ás persoas con mobilidade reducida a desprazarse con liberdade. Trátase dun sistema de localización de aparcamentos para persoas con mobilidade reducida e acompañantes; tamén informa das distintas normas específicas de cada municipio.

!!DE MOMENTO SO DISPOÑIBLE PARA ANDROID!!


Zero Barreiras
ZeroBarreiras
Ferramenta pra compartir os índices de accesibilidade das comunidades de veciños. Podemos saber se a nosa comunidade é universalmente accesible e medir cales son os puntos máis e menos accesibles. Tamén se poden compartir co resto da sociedade pra crear todos xuntos un mapa de accesibilidade global.

!!SO DISPOÑIBLE PARA IPHONE!!

Accesibilidade
Aparcamentos accesibles
Valora a accesibilidade física dos lugares. Podes atopar e compartir bares, restaurantes, hoteis, aparcamentos... accesibles a persoas con mobilidade reducida.
Aplicación accesibilidade
Aplicación accesibilidade
Aplicación de COCEMFE que permite localizar e solicitar o taxi accesible que hai máis preto de nós,e tamén consultar os puntos de interese libres de barreiras en todo o territorio nacional, como: prazas para persoas con mobilidade reducida, lugares de ocio, caixeiros automáticos, praias, centros sanitarios...Pódense reportar puntos de interese accesible e tamén notificar de incidencias, ou programar viaxes/rutas libres de barreiras.
Aplicación accesibilidade
Displace
Aplicación dirixida sobre todo a persoas con mobilidade reducida, que sinala os lugares accesibles aos que se pode ir en cadeira de rodas sen problemas.
Audífono dixital
Audífono dixital
Aplicación especialmente indicada para persoas con hipoacusia.É unha especie de audífono dixital intelixente.
Primeiro fai un análise da audición da persoa, e despois adapta a reprodución dos sons ás necesidades propias da persoa en cuestión, podendo escoitar: música, películas, conferencias, conversacións, reunións, clases...
Código Braille
Braille
Aplicación destinada a persoas con discapacidade visual, xa que ten a finalidade de facilitar a aprendizaxe de lectura e escritura táctil para persoas invidentes. Ofrécenos unha guía moi práctica que permite, a través dun modo de tradución automática, a posibilidade de aprender braille mediante exercicios e desafíos
Viaxar
TUR4all
Aplicacións a través da cal podes planificar unha viaxe. Permítenos, por exemplo, atopar hoteis con boa accesibilidade para persoas con mobilidade reducida. Tamén é de gran axuda para atopar restaurantes con cartas en braille.
Promove o turismo accesible no mundo.
Lingua de signos
Lingua de Signos
Diccionario internacional no que se intenta que todas as linguas de signos do mundo sexan accesibles e unha ferramenta de aprendizaxe para todos. Conta con máis de 200.000 signos diferentes, e en moitos idiomas distintos.
Zero Barreiras
Listado de aplicacións
Listado de aplicacións para móbil das redes sociais máis utilizadas do momento, para que poidas descargalas. Dende WhatsApp ata Instagram.
PayPal
Pago seguro
Mandar e solicitar diñeiro de forma rápida e segura.
Trátase dun método de pago no que asocias as túas tarxetas de crédito á túa conta de Paypal, e cando queiramos pagar, soamente temos que iniciar sesión co noso correo electrónico e elixir a tarxeta ca que vamos facer o pago.
Yuka
Yuka
Trátase dunha aplicación que descifra as etiquetas dos produtos alimenticios e cosméticos. A través do escaneo do código de barra dos diferentes produtos, evalúa a calidade dos mesmos, así, podes ver cales son bos, e cales debes evitar. Da mesma maneira, tamén recomenda produtos de mellor calidade cando os escaneados non son recomendables.
Pictograma participación social
Pictograma ocio
Pictograma afectividad
Pictograma información y asesoramiento

Logo CogamiLogo Cogami-Lugo